A escritora Antía Yáñez visita o Mestre Vide

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

Cedida

A autora de «Plan de rescate» fomentará a lectura nos colexios de Ourense

16 ene 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A galega Antía Yáñez é a autora de «Plan de rescate». No seu libro catro alumnos con necesidades especiais salvan o seu colexio. Agora ela encargarase de fomentar o pracer pola lectura nos colexios do Concello de Ourense. Empezou este venres no Mestre Vide.

A autora, natural de Burela, visitará os centros escolares do municipio como parte do programa de promoción de lectura «Encontros co autor» que organiza o goberno municipal, durante xaneiro e febreiro.