A cidade arrastra varios días coa incidencia acumulada en constante subida

María Cobas Vázquez
María Cobas O Barco

OURENSE CIDADE

En la ciudad de Ourense hay 182 casos activos de coronavirus
Na cidade de Ourense hai 182 casos activos de coronavirus Santi M. Amil

En Ourense son 182 os veciños contaxiados; e 16 en Vilamarín

05 ene 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O martes pasado, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, referíase á situación da cidade de Ourense. E dicía que a incidencia acumulada a 14 días mellorara», e estaba por baixo de 150 casos por cada 100.000 habitantes. Apenas unha semana despois, a situación non só deixou de mellorar, senón que empeorou de xeito substancial. Os 154 casos activos o 28 de decembro ascendían este primeiro luns de ano a 182. Nos últimos catorce días rexistráronse 168 contagios, o que eleva a incidencia acumulada a 105 por 100.000 habitantes (extrapolando os datos sobre os 105.233 veciños que hai na cidade). Aínda non é un mal dato, pero mostra unha tendencia en negativo, e faino nun contexto xeneralizado de subida, non só no número de casos activos na provincia (670, tras sumar 87 novos positivos e 22 altas o domingo, último dato oficial), senón na presión asistencial (hai 25 hospitalizados en planta covid e tres na uci).

Ademais, o virus circulou cara a concellos limítrofes. En Vilamarín, que durante semanas estivo libre de casos, hai 16 persoas contaxiadas.