Buscas carniceiro?

María Doallo Freire
María Doallo OURENSE

OURENSE CIDADE

Santi M. Amil

A Carnicería Blanco acaba de abrir as súas portas na rúa Bedoya da capital

20 oct 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O portugués Miguel Mascareñas comezou a interesarse polo mundo da carne fai máis de trece anos. «Comecei como aprendiz nunha carnicería en León. A min gústame moitísimo a carne e todo o que hai detrás dela. Dende que nace o tenreiro ata que chega á mesa. Por iso decidín formarme todo o posible neste campo», explica. Despois ampliou o seu coñecemento cara á cociña. Tras sete anos traballando en distintas empresas de Galicia agora puxo en marcha a súa propia. Así nace Carnicería Blanco , na rúa Bedoya. Miguel ten dúas prioridades sobre o seu negocio: a calidade do produto e a atención ao cliente. «Traballamos cos provedores que ofrecen a mellor materia prima, gandeiros galegos», dice. «Para nós o máis importante é coidar ao nosos clientes. Gústanos achegarnos a eles, aos seus gustos, e poder recomendarlles novas opcións, animarlles a que proben», engade.

Nesta carnicería dedican moito tempo a realizar as súas propias elaboracións. Albóndegas mixtas; espetadas de pito con jengibre, allo e figa; hamburguesas con beicon, queixo e pistachos ou con cebola e rulo de cabra; lombo adobado en salsa de pementos afumados... e un longo etcétera que crecerá cada día. «Mantemos o sabor da carne de toda á vida e aportámoslle distintos matices», explica Miguel. Venden embutidos ibéricos, queixos chegados ata de fóra de España, conservas, patés ou marmeladas. «O 70 % da nosa oferta é produto galego», remata. Tamén venden pan e empanada. E todo está dispoñible para comprar no local como para pedilo a domicilio sen necesidade de saír da casa.