Felicidade, persoas e vida, a reflexión na nova obra de Paco Ascón

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

Miguel Villar

O Liceo de Ourense acolleu a presentación de «Ter ou ser», o seu último libro

09 oct 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Baixo medidas de seguridade por mor da epidemia de covid-19, a media capacidade, o Salón Nobre do Liceo de Ourense acolleu este xoves, 8 de outubro, a presentación do novo libro de Paco Ascón, «Ter ou ser». Fíxoo acompañado de Javier Casares e Avelino Jácome, que estiveron xunto a el debullando a súa obra. 

«É unha recompilación das miñas experiencias persoais ao longo da miña vida, desde os 7 anos ata hoxe, a través dos espazos que vivín e a xente que coñecín», declarou Ascón.