A cidade promoverá unha campaña de apoio ao comercio

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIDADE

cedida

A iniciativa do Concello de Ourense porase en funcionamento en agosto

08 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Ourense porá en marcha en agosto unha campaña de apoio ao comercio local. Así se acordou na reunión mantida pola concelleira de Comercio, María Fernández Debuxa, e a Junta de Comercio Local. As accións da iniciativa Móllate por Ourense, que así se chamará a campaña, daranse a coñecer nos próximos días. En setembro promoverase outra actividade.