Despedida ao presidente que tirou do carro

OURENSE CIDADE

MIGUEL VILLAR

A morte de José Luis Gómez Barril reaviva os seus esforzos por prolongar os días de gloria do fútbol sala ourensán

19 ene 2020 . Actualizado ás 21:34 h.

José Luis Gómez Barril foi ben coñecido no mundo do fútbol sala ourensán, por moito que a sombra do seu irmán Jorge fose tan alongada, coa súa actividade política e como árbitro de fútbol. Tras dirixir ao combinado ourensán na maioría das súas campañas na máxima categoría nacional, este empregado de banca non abandonou na División de Prata. Pero non renunciou á súa sinceridade ao admitir que estaba «queimado» pola falta de axudas para reflotar unha nave que foi orgullo do deporte local. O seu corazón deixo de latexar esta fin de semana e tras a despedida na intimidade no Tanatorio das Burgas ás 13.00 horas do luns, desenvolverase un funeral na igrexa de San Eusebio de Coles, ás 17.00. A súa pegada no coiro pequeno é indeleble.