Ourense e Portugal avanzan na análise de inundacións e secas

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIDADE

CHMS

Un proxecto europeo estuda as concas do Miño e o Limia

06 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Os socios do proxecto europeo Risc Miño-Limia -que ten o obxectivo de mellorar o coñecemento das concas internacionais de ambos os ríos, para previr ou minimizar o impacto de fenómenos extremos como inundacións ou secas- reuníronse en Ourense para avaliar os avances nas distintas accións que prevé este proxecto transfronteirizo. O comité de xestión analizou con especial atención os estudos relativos ao impacto do cambio climático nos recursos hídricos, os balances entre recursos e demandas, o plan conxunto de xestión de sequía e o deseño da nova cartografía da demarcación.

A esta terceira reunión do órgano directivo do proxecto, enmarcado na cooperación transfronteiriza POCTEP, asistiron ao lado portugués María José Moura, xefa de división na Axencia Portuguesa de Ambiente (APA), Rui Calçada, director da Facultade de Enxeñería da Universidade de Porto e ao lado español, a vicerreitora do Campus de Ourense Esther de Blas e o xefe da oficina de planificación hidrolóxica de la Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), Carlos Guillermo Ruiz do Portal.

Segundo detallaron desde a CHMS, nesta reunión cada socio presentou o executado ata hoxe. Realizáronse modelos hidrometeorológicos e hidráulicos, de software libre, para a predición de avenidas tanto na parte española como na portuguesa da conca; tamén levou a cabo un novo sistema de alerta temperá e os sistemas de axuda á decisión; así mesmo, informouse da finalización dede as augas en novos puntos de control de sistema automático da calidade O Carballiño e en Tui . Outro traballo que se fixo co amparo económico deste proxecto europeo -dotado con 2,35 millóns de euros para o período xullo 2017-decembros 2020- son novos mapas cartográficos que permitirán mellorar, segundo o organismo de conca, o coñecemento e a gobernanza fronte a fenómenos extremos neste territorio de 19.600 kms2. Todas as partes implicadas inciden en que é necesaria a colaboración entre os dous países e que esta se debe incrementar para tomar decisións conxuntas ante fenómenos que se repiten cada vez máis a miúdo.

O centro de control de conca da CHMS recibe datos vía satélite, cada quince minutos, das estacións situadas en puntos estratéxicos da demarcación. O grupo de traballo técnico, con expertos das Universidades de Vigo e Porto, da CHMS e a APA, celebrou unha nova reunión tamén neste centro de control sobre modelización hidrometereológica.