O BNG insta o Concello de Ourense a pronunciarse en defensa do máster de Aeronáutica

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

Santi M. Amil

Luis Seara acusa o goberno local de desinteresarse polo asunto

02 dic 2019 . Actualizado ás 14:20 h.

A decisión de compartir do máster de Enxeñería Aeronáutica coa Universidade da Coruña causou rexeitamento en Ourense, pero non o suficiente como para convocar unha xunta de portavoces urxente no Concello ourensán. Iso é o que asegura o portavoz municipal do BNG, Luis Seara, que explica que propuxo celebrar esa reunión para facer un pronunciamiento conxunto en defensa da exclusividade deses estudos para o campus da cidade.

Segundo afirma, púxose en contacto co alcalde, Gonzalo Pérez Jácome, de Democracia Ourensá, e co tenente de alcalde, Jorge Pumar, do PP, pero non recibiu unha resposta satisfactoria.