Arte urbana contra a violencia

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

CEDIDA

Alumnos da Facultade de Traballo Social realizaron un mural de grafitis que será exposto na entrada do Edificio de Ferro

01 dic 2019 . Actualizado ás 17:34 h.

Espráis contra a violencia machista. É a idea que uns alumnos de primeiro curso do grao en Traballo Social do campus de Ourense desenvolveron durante a semana do 25-N para reivindicar a loita contra os malos tratos de xénero. O mural resultante do seu traballo foi trasladado ao que será o seu emprazamento definitivo nas instalacións universitarias, o Edificio de Ferro.

Os mozos participantes recibiron o apoio de dous integrantes da entidade Vella Escola, especializada en cultura urbana. Francisco Aguiar, coordinador do grao en Traballo Social, apoiou a proposta: «É moi importante que nas carreiras de intervención social, como neste caso, nos acheguemos a outras maneiras de expresión. A arte pode ser unha ferramenta tamén para a acción social, para intervir nas comunidades dunha maneira moi interesante».