Convocada a comisión para elaborar unha ordenanza de ruídos

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

MIGUEL V ILLAR

Os grupos políticos deberán designar a un representante

20 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A concelleira de Urbanismo do Concello de Ourense, Sonia Ogando, convocou aos grupos políticos da oposición para que designen a un representante para formar parte da comisión que elaborará unha ordenanza sobre ruídos. «É algo que ten que partir do diálogo constante e do entendemento de todas as partes, co fin de harmonizar ao máximo a convicencia entre o descanso e o lecer», explicou a edila.