A biopsia líquida ou o cultivo de hortalizas sen terra son algunhas das innovacións a tratar no Agrobiotech Fest
19 novs 2019 . Actualizado ás 13:36 h.O Agrobiotech Innovation Fest regresa ao Parque Tecnolóxico de Ourense este venres. Ao redor de 200 representantes de empresas e centros de coñecemento dos sectores biotecnológico, agroalimentario e da biomasa daranse cita nesta feira bienal que chega á súa terceira edición cun formato totalmente renovado.
Mediante accións de formación e de asesoramento individualizado, 11 empresas de toda Galicia mellorarán as súas capacidades para consolidar o seu modelo de negocio grazas a este programa de aceleración de empresas. O descubrimento de fármacos; as novas formas de abordas o cancro mediante a biopsia líquida; a obtención de biotoxinas e de extractos de algas; a tecnoloxía de intelixencia sensorial para a realización de catas ou as esponxas vexetais son algunhas das propostas que se explicarán ao longo de toda a xornada do venres.