Chegan a Ourense sobres de votación de Hamburgo manipulados e sen papeletas

Miguel Ascón Belver
Miguel Ascón OURENSE

OURENSE CIDADE

CEDIDA

A incidencia foi detectada durante o reconto do voto emigrante

13 novs 2019 . Actualizado ás 13:47 h.

A Audiencia Provincial é na mañá deste mércores escenario do reconto do CERA (Censo Electoral de Residentes Ausentes). Ata agora apareceron tres sobres coa documentación doutros tantos votantes de Hamburgo que están «claramente manipulados», segundo denuncia o PP. Foron abertos e pechados despois con cinta adhesiva transparente. Ademais, dentro non estaban as papeletas. A incidencia hase feito constar nunha dilixencia.