As bromas de Broncano sobre Jácome: «Cando alguén en chándal propón facer un rañaceos non che vai a pedir factura»

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

cedida

O programa «A Resistencia» abordou a proposta do alcalde de Ourense de levantar na cidade o edificio máis alto de España

30 dic 2019 . Actualizado ás 19:31 h.

A proposta do alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, para construír na cidade o rañaceos máis alto de España tivo eco en medios de comunicación de toda España. A noticia foi abordada mesmo no programa A Resistencia, conducido David Broncano.

«Ollo a esta», dixo o presentador antes de introducir o tema. A pantalla mostrou entón o titular acompañado dunha foto da leira Mariñamansa, onde Jácome propón levantar o rañaceos. «Aí teneis a Ourense, que é un sitio sensacional e que, como vedes ten toda a pinta de converterse no novo New York», comentou Broncano.

O programa mostrou despois unha fotografía do alcalde en chándal publicada en La Voz de Galicia no ano 2002, cando Jácome anunciou a súa participación nunha carreira vertical que se ía disputar no Empire State Building de Nova York. «Por se non vos imaginais ao personaxe, aquí teneis a Jácome, o alcalde de Ourense», dixo Broncano, que engadiu: «Cando alguén en chándal che propón facer un rañaceos sabes que non che vai pedir factura».

«O look do Bronx xa o leva», remata dicindo o presentador, que pediu un aplauso para Jácome, «que é un figura».