1992: As medallas paralímpicas de Antonio Cid e a crise da pataca

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

Non dispoñible

Empresas punteiras en Ourense pasaban por momentos complicados

13 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Ourense tivo a súa cota de protagonismo nos xogos paralímpicos de Barcelona 92 grazas ás dúas medallas de Antonio Cid. Foi a nota positiva dun exercicio marcado polas dificultades económicas de empresas de referencia e pola crise da pataca.

Éxito paralímpico

Antonio Cid logrou dúas medallas en Barcelona. Antonio Cid converteuse no verdadeiro protagonista deportivo do ano. Logrou dúas medallas de ouro nos xogos paralímpicos de Barcelona e que lle situaron, por dereito propio, na vangarda dos atletas máis destacados do ano. Antonio, como indicaba La Voz, conseguiu moito máis que un éxito deportivo ao dar visibilidade ao seu colectivo e, de paso, pór a Ourense no mapa deportivo por uns días.

Economía

Unicar, Forxas de Galicia e Labauto, en apertos. Parte das principais empresas do tecido ourensán non atravesaban un bo momento no ano 1992. Unicar, Forxas de Galicia e Labauto xeraron intranquilidade entre os seus traballadores, con noticias como o traslado de Unicar, o despedimento de eventuais en Labauto ou a polémica ampliación de capital de Forxas de Galicia.

Agricultura

A crise da pataca. As noticias para o sector da agricultura tampouco eran especialmente esperanzadoras e estaban marcadas pola crise do sector da pataca, que puxo na picota o futuro do sector primario que tiña unha revolución pendente para mellorar as condicións de venda dunha materia prima sobrada de calidade.

Cultura

Éxito da mostra sobre Chillida. Preto de seis mil pesonas visitaron en Ourense a exposición de Eduardo Chillida, que se expuxeron no museo municipal de Ourense. Para a presentación da mostra de gravado do escultor vasco contouse coa súa presenza na cidade. «Sempre tratei de facer o que non sei facer en lugar do coñecido», indicaba nunha conferencia de prensa que recollía La Voz de Galicia en 1992.