O triplo inverosímil do adestrador do Club Ourense Baloncesto

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

Santi M. Amil

Nun adestramento desta tempada, Gonzalo García de Vitoria gañoulle o pique ao tirador do equipo, Edu Martínez

10 oct 2019 . Actualizado ás 18:49 h.

Sorte ou boa man? Os piques post adestramento de ver quen anota máis triplos ou máis rebuscados son típicos en todos os equipos. Tamén no Club Ourense Baloncesto, COB, onde o adestrador, Gonzalo García de Vitoria, retou ao tirador Edu Martínez hai uns días. E saíu vitorioso o técnico. Cun lanzamento desde media cancha e de costas, nada menos. Podes velo neste vídeo. Desde o propio club tomábanse con humor o acerto do técnico vasco.