CC. OO. pide recuperar o espazo de lectura na biblioteca da Ponte

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

CEDIDA

O sindicato propón trasladar a oficina municipal a un lugar máis amplo

10 oct 2019 . Actualizado ás 13:55 h.

Comisións Obreiras difundiu un comunicado este mércores no que reclama ao Concello de Ourense que devolva á biblioteca da Ponte o espazo de lectura que agora ocupa a asociación de veciños do barrio. Ademais piden retirar un biombo por motivos de seguridade e trasladar a oficina municipal a un lugar máis amplo.