Deulle unha patada a outro e logo díxolle que se confundiu, pero non puido evitar o xuízo

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIDADE

Agostiño Iglesias

A Fiscalía impútalle un dleito de lesións e solicita un ano de prisión

10 oct 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Un delito de lesións imputa o Ministerio Fiscal a Khalid A., que este mércores se sentou no banco dos acusados do xulgado do penal de Ourense por uns feitos que, presuntamente, ocorreron na madrugada do 24 de marzo do 2018 no exterior dunha discoteca da capital ourensá.

De acordo cos feitos que mantén o fiscal, cara ás seis da madrugada o acusado achegouse a outro mozo e propinoulle, presuntamente, unha forte patada na parte traseira da súa perna dereita, «con ánimo de atentar contra a súa integridade física». Iso si, a continuación díxolle que se confundiu de persoa e marchouse do lugar dos feitos a fume de carozo. A causa do golpe, a vítima precisou unha férula de yeso, tardando 82 días en recuperarse do todo.

Para o ministerio público eses feitos son constitutivos dun delito de lesións polo que reclama que se lle impoña ao acusado unha pena dun ano de prisión. Así mesmo, esta parte solicita que en caso de condena o imputado indemnice á vítima con 3.515 euros polas lesións e outros 500 polas secuelas.