Rómpelle un vaso na cabeza tras unha discusión de madrugada nun pub do centro de Ourense

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

Santi M. Amil

A vítima recibiu doce puntos  de sutura na fronte e tres nunha pálpebra

09 oct 2019 . Actualizado ás 16:51 h.

Un ourensán tivo que ser trasladado ao CHUO o pasado 28 de setembro de madrugada despois de que outro mozo lle rompese un vaso na cabeza acadándolle a fronte e a pálpebra. Todo ocorreu ao redor das 4.30 horas dentro dun local do centro de Ourense cando un grupo de mozos empezaron unha discusión con outras persoas. A vítima atopábase nese momento pedindo unha consumición. Foi minutos mais tarde, ao achegarse aos seus amigos, cando recibiu o golpe na cabeza, sendo trasladado ao centro hospitalario, onde recibiu doce puntos de sutura na fronte e outros tres no parte superior da pálpebra esquerda. Tras varias investigacións, os axentes da Policía Nacional conseguiron identificar o autor dos feitos, procedendo á súa localización e detención este martes. O detido, de 22 anos de idade, é natural de Venezuela e cónstalle unha detención anterior. Pasou a disposición xudicial e quedou en liberdade.