1994: Nun ano estará rematado a nova ponte sobre o Miño

La Voz

OURENSE CIDADE

Santi M. Amil

Touriño visitaba as obras do Goberno na cidade

27 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Desembarco do secretario de Estado de Infraestruturas, Emilio Pérez Touriño, con todo un paquete de obras e actuacións para anunciar ou visitar. Repasou as intervencións que está a levar a cabo o Ministerio de Obras Públicas, Transporte e Medio Ambiente na cidade e noutros puntos da área de influencia da mesma. Incidiuse de xeito especial nas comunicacións con Compostela -acompañaron a Touriño os alcaldes de Ourense e Santiago, Veiga Pombo e Xerardo Estévez respectivamente, e tras visitar as obras da nova ponte sobre o Miño anunciou que o mesmo estará operativo en setembro de 1995. En xaneiro estarán rematadas as obras de mellora da N-525 entre Ourense e A Corna (Piñor) e os traballos entre A Corna e Lalín comezarán en outubro. Polo que respecta ás comunicacións con Lugo, este ano finalizarán as obras iniciadas entre Cambeo e Chantada.

Tamén se executan os traballos de mellora da estrutura da Ponte Nova.