A Feira Internacional, en Ourense

La Voz

OURENSE CIDADE

Cedida

21 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A Feira Internacional de Galicia de Silleda participa estes días en Ourense na XIX Feira Internacional do Turismo Termal, Saúde e Benestar, Termatalia 2019. Nesta cita que baixará hoxe o pano estanse promocionando eventos a celebrar no recinto silledense o próximo ano como o décimo salón turístico galego, Turexpo, ou a sétima Feira de Festas de Interese Turístico, Festur. Ambas as certames terán lugar do 4 ao 7 de xuño do 2020. Turexpo e Festur xa están inmersos na súa organización, conxugándose de novo un espazo expositivo cun programa de actividades paralelas, desde degustacións a presentacións dos festexos, xunto cunha bolsa de contratación turística. A presenza da Feira Internacional de Galicia en Termatalia enmárcase no convenio subscrito en outubro do 2017 entre esta entidade e a Fundación Feiras e Exposicións de Ourense, Expourense, para promover accións para favorecer o desenvolvemento do sector feiral galego, en especial nos recintos de Silleda e da capital ourensá.