Catro condutores dan positivo en alcol e outro máis en drogas nunha soa noite na capital

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

Íñigo Rolán

Os axentes de Policía Local tamén denunciaron a un automobilista sen permiso e a outros dous coa ITV caducada

20 sep 2019 . Actualizado ás 09:43 h.

A capital ourensá está a rexistrar nos últimos días un incremento no número de incidencias de tráfico. Se a madrugada do xoves foi «movida» para os axentes debido ao alto número de sancións, a do venres non foi máis tranquila. Así, nunhas poucas horas os axentes interceptaron a catro automobilistas que circulaban baixo os efectos do alcol e outro máis que consumira drogas. Tamén se interceptou no centro urbano dous vehículos coa ITV caducada e outro máis sen permiso de conducir. Os denunciados son

Un dos casos máis graves tivo lugar ás catro da madrugada, cando os axentes tiveron coñecemento de que un coche circulaba en zig-zag pola ponte Ribeiriño. Unha patrulla de Policía Nacional deulle o alto e requiriu aos axentes municipais para que lle realizasen a proba de alcoholemia ao seu condutor, de 63 anos. No etilómetro guindou unha taxa tres veces superior á máxima permitida pola lexislación, polo que foi denunciado ao xulgado.