Dá positivo en alcol tras chocar contra dous coches e darse á fuga

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

Íñigo Rolán

O accidente ocorreu na mañá do domingo na capital ourensá

09 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Unha condutora de 27 anos, veciña da capital ourensá, foi denunciada por axentes da Policía Local de Ourense tras dar positivo en alcol despois de ter chocado contra dous coches estacionados na rúa e darse á fuga. Segundo informaron fontes policiais o incidente tivo lugar minutos antes das nove da mañá do domingo, cando nos axentes tiveron coñecemento de que un vehículo chocara contra dous coches estacionados na estrada da Granxa. Segundo relataron varias testemuñas o coche que provocara o accidente, un Audi, deuse á fuga, polo que enseguida se puxo en marcha un dispositivo para localizalo. Grazas a iso pouco despois de localizou tanto o coche como a súa condutora. No etilómetro a muller guindou unha taxa de alcol tres veces superior á máxima permitida pola lexislación, polo que será denunciada ao xulgado.