Xunqueira de Espadañedo recibiu 640.000 euros da Xunta

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

cedida

O alcalde do municipio reuniuse coa delegada territorial de Ourense

27 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu no seu despacho ao alcalde de Xunqueira de Espadañedo, Carlos Gómez Blanco . Ao longo da reunión repasaron as colaboracións levadas a cabo nos últimos catro anos de mandato. Nese tempo, o municipio ourensán recibiu máis de 340.000 euros en materia de subvencións, ao redor de 215.000 en convenios e preto de 80.000 pertencentes a outras actuacións; acadando un total de 640.000 euros en axudas. Con este diñeiro puxéronse en marcha proxectos correspondentes á mellora de infraestruturas turísticas como a implantación de accesos e iluminación no contorno do mosteiro de Santa María. Tamén accións de eficiencia enerxética na luz pública exterior do núcleo de Niñodaguia, a concesión de dúas Casas do Maior ou a reparación dos danos provocados polas riadas de xullo do 2018.

Díaz Mouteira, durante o encontro, brindou ao alcalde popular e ao Concello que rexenta, todo o apoio por parte da Xunta nesta nova etapa de mandato, para poder axilizar e desenvolver novos proxectos que melloren a calidade de vida dos veciños.