Onde non gastar o aforrado

Marcos Guimarey ARGUMENTARIO

OURENSE CIDADE

25 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

OuConcello de Ourense ten un aforro de cen millóns de euros. Nunca se fixo neste pais mercar un piso aló e outro acolá, e ir facendo un capital a base de inmobiliario para vivir de rendas o que che queda de vida. En Ourense aínda que a metade dos pisos se paguen o contado -moi grandes son os colchóns de la- a outra metade ten que facer números dignos do Circo dos Muchachos. As restricións ao crédito hipotecario que impuxo Europa, tornou cara o alugueiro a opción da vivenda. Os prezos dun tempo acá non paran de medrar separando de novo a ecuación de atopar un pisiño.

No noso caso particular, a demanda é in-solvente: precisaría de mellores salarios, sendo dos mais baixos do Estado, ano si e ano tamén. Visto a escala, Ourense capital está na tormenta perfecta: o PXOM leva paralizado dende anos, a in-solvencia dos veciños na franxa de idade de menos corenta con salarios precarios, preto do 20 % dos pisos están baleiros e as opcións de alugueiros turísticos collendo pulo.

Nestes casos Keynes apostaría por facer co Concello o que non fai o mercado. Se o Concello impulsa unha colaboración público-privada podería re-equilibrar o mercado cuns prezos axeitados, como acaba de facer Portugal o limitar as rendas dos alugueiros e tamén nalgún Länder alemán.

Dentro do sector hai moito camiño para innovar: por unha parte a industrialización dos procesos, outra a innovación lexislativa

-que dea a suficiente seguridade xurídica-, outra a innovación ecolóxica e outra a formación e capacitación dos profesionais. Só co 30 % do aforrado (100 millóns de euros) destinado a vivenda pública tería o concello preto de catro centos de vivendas públicas que axudarían a reestruturar a vida dos veciños.

Nunca se fixo, porque enfrontarte o amo e moito máis que ser un falabarato.