Investigan a un menor de idade e a un acompañante por marcharse do lugar tras un accidente de tráfico

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

GARDA CIVIL

Supostamente, o mozo era quen conducía un dos vehículos sinestrados en Casardomato (San Amaro) o 17 de xuño

26 jun 2019 . Actualizado ás 16:14 h.

A Garda Civil de Ourense está a instruír dilixencias por un presunto delito de «abandono de lugar do accidente» tras un sinistro no que un dos condutores implicados era menor de idade. 

O accidente que se investiga ocorreu o 17 de xuño en Casardomato, San Amaro. Foi unha colisión frontal entre dous turismos, no que dúas persoas resultaron feridas. Cando chegou o equipo de atestados, atopouse que un dos condutores abandonara o lugar do accidente, polo que non puido ser identificado nese momento.  Un dos acompañantes asegurou ser o condutor, pero pronto foi descartado polos axentes.

As investigacións realizadas polo GIAT (Grupo de Investigación de Accidentes de Tráfico) levaron a tomar declaración como investigado a un dos viaxeiros do turismo como colaborador necesario nun delito contra a seguridade viaria. Así mesmo, identificouse ao posible condutor, que resultou ser menor de idade, polo que carecía de permiso de conducir.