Deteñen a un ladrón in fraganti cando roubaba nun piso de Covadonga

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

Santi M. Amil

O home intentou esconder nunha alcantailla o subtraído, pero non puido

22 may 2019 . Actualizado ás 14:11 h.

Axentes da Policía Nacional de Ourense detiveron a un home presunto autor dun delito de roubo con forza nun piso do barrio de Covadonga da capital. Os feitos tiveron lugar a as 15.15 horas do martes cando policías do Grupo de Seguridade Cidadá que realizaban labores de patrulla en prevención da delincuencia observaron a un individuo que, cando se decatou da súa presenza, escondeuse na parte baixa dunhas vivendas.O home  intentou esconder un obxecto de gran tamaño nun sumidoiro pero non puido debido ao seu volume. Era unha caixa forte que presentaba signos de forzamiento aínda que estaba pechada.

 Tras realizarlle un cacheo localizaron entre as súas roupas un reloxo, dúas pulseiras, unha cadea, unha medalla, un billete de 1.000 liras italianas, seis pendrives e unha báscula de precisión. O ladrón arrincara un barrote da vivenda e roto os cristais para entrar na casa que se atopaba totalmente revolta, polo que foi detido. Trátase  un home de 28 anos, natural de Ourense, ao que lle constan unha detención anterior. Pasou a disposición xudicial