Condenado o administrador dunha inmobiliaria por estafar ao comprador dunha leira

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

IAGO CORTÓN

A Audiencia de Ourense imponlle tres anos de prisión, nove meses de multa e inhabilitación

23 may 2019 . Actualizado ás 20:34 h.

A Audiencia Provincial de Ourense condenou ao administrador dunha sociedade inmobiliaria a tres anos de prisión e nove meses de multa e inhabilitoulle para o exercicio da profesión de xestor inmobiliario ou de representación de entidades inmobiliarias e obrigación de indemnizar a uns dos denunciantes en 118.000 euros, como autor dun delito de estafa.

Os feitos ocorreron en 2014 cando esta persoa contactou no exercito da súa actividade profesional con esta clínica a efectos de mediar na venda dunha leira da súa propiedade, na cal ademais había unha casa, na parroquia de San Miguel de Melias, no concello de Coles. Froito do acordo, a clínica entregoulle 100.000 euros en metálico como sinal da futura compravenda e, en segundo contrato, abonoulle outros 43.000 euros pola compra.

Segundo a sentenza, a sala considera acreditado que o acusado con ánimo de obter un beneficio ilícito, e sen pólo en coñecemento dos propietarios, ofreceu unha vivenda a unha persoa, representante da Clínica de Neurocirugía Dr. S.L. por un prezo de 150.000 euros e que «ocultou deliberadamente que a leira estaba gravada con dúas hipotecas para responder por un importe de 250.000 euros de principal». O tribunal entende que «concorren todos e cada un dos requisitos indicados» nun delito de estafa como son o «engano previo» e o ánimo de lucro posto que buscou xerar «unha aparencia seria de solvencia profesional».

O acusado exercía a actividade inmobiliaria con despacho aberto ao público na céntrica rúa Ramón Cabanillas, da cidade. Ademais, ve acreditado o «dolo e o ánimo de lucro, evidenciados pola hábil posta en escena» por parte do acusado ao entender que «urdió un plan, sendo consciente de que a un lle apremaba vender e o outro estaba interesado en comprar», coa agravante de que o valor do defraudado supera os 50.000 euros«.

O acusado deberá indemnizar á vítima na cantidade de 118.000 euros en concepto de responsabilidade civil.