O Clúster Alimentario de Galicia avaliou en Ourense os proxectos en marcha

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

Duvi

A xunta directiva deu o visto e prace á memoria de actividades realizadas na promoción de iniciativas empresariais e no ámbito da investigación e innovación do sector

22 may 2019 . Actualizado ás 20:38 h.

A xunta directiva do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) celebrou no campus de Ourense a súa última reunión, na que se fixo balance da actividade deste clúster que intregra a empresas, entidades de investigación e innovación, entre as que se conta a Universidade de Vigo, ademais de outras organizacións. Ademais de validad o plan de actuación deste ano e a memoria, aprobáronse o orzamento e as contas da entidade e analizáronse os proxectos estratéxicos da entidade, como a Business Factory Food e outros proxectos europeos relacionados con o emprendimiento, a innovación e o mercado agroalimentario, nos que participa este clúster.