O xulgado de Familia de Ourense, o máis colapsado de toda Galicia

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIDADE

Santi M. Amil

Os sindicatos denuncian a discriminación que sofren os cidadáns que residen na capital e precisan dos servizos desta sede

23 mares 2019 . Actualizado ás 20:27 h.

A situación do xulgado de familia de Ourense segue sen resolverse e cada vez son máis as denuncias que parten das centrais sindicais. «A situación que se está vivindo no xulgado de familia é insustentable», aseguran a través dun comunicado desde Alternativas na Xustiza-CUT, que advirte das consecuencias que ten para os cidadáns. «O deixamento da Xunta de Galicia ante o xulgado provocou unha grave discriminación entre os cidadáns segundo o lugar onde residen», explican, lembrando que «Ourense é o peor lugar para fixar a residencia» para calquera persoa que estea nun proceso de divorcio ou de custodia de fillos ou fillas. A media de asuntos desta sede rolda os dous mil asuntos en trámite ao final do ano, moi por amais dos pouco máis de 800 que teñen sedes como a de Pontevedra ou A Coruña.