O Cineclube proxecta «O home de Londres»

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

Santi M. Amil

Este luns haberá unha sesión única ás 20.30 horas na Biblioteca pública da capital

25 mares 2019 . Actualizado ás 08:00 h.

Nova cita co cine na capital ourensá. O Cineclube Pai Feijoo segue co seu ciclo de proxeccións e este luns tócalle a quenda á cinta «O home de Londres», de Béla Tarr e Ágnes Hranitzk, filmada en Hungría no 2007. A película ten unha duración de 132 minutos e está baseada nunha novela do escritor Georges Simenon.