1984: Lavado de cara do exterior da praza de abastos de Ourense

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

Santi M. Amil

O investimento foi de apenas 1,2 millóns de pesetas

22 mares 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O estado de conservación da praza de abastos número 1 de Ourense foi obxecto de preocupación durante moitas décadas na capital. Agora que os placeiros están nunha localización provisional na Alameda para reformar en profundidade o espazo, moitos lembrarán os diferentes retoques que se realizaron en diferentes etapas. Un deles executouse en 1984. O 22 de marzo dábase por concluída as obras de adaptación exterior despois dun investimento de 1,2 millóns de pesetas. A obra incluíu na súa primeira fase a instalación de novos puntos de luz, que evitasen penumbras anteriores, enumeración dos postos, nova fonte e ramplas de entrada a recintos. Na comisión de abastos estudouse a posta ao día das concesións. O importe oscila entre 1.200 e 92.000 pesetas, segundo categorías.