Fin de semana competitiva na piscina Rosario Donas

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIDADE

CNPO

A xornadas da mañá dará comezo ás 10.00 horas, mentres que o sábado e domingo farano ás 09.30

22 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Durante os próximos tres días, ata o domingo, Ourense será o punto de encontro dos mellores nadadores do panorama galego. O motivo, é a celebración do campionato galego infantil e júnior, ademais da copa galega sénior, onde o club natación Pavillón Ourense será o anfitrión da cita. O técnico Daniel Toro contará con vinte e catro deportistas sendo o segundo club que máis achega de entre os máis de trescentos nadadores que se lanzarán á auga os próximos tres días.

A xornada da mañá dará comezo ás 10.00 horas, mentres que o sábado e domingo farano ás 09.30. Os encargados de abrir a competición serán os fondistas no 1.500 libre masculino e o 800 libre feminino.

Os obxectivos a nivel individual pasan polas medallas nas distintas probas e perseguir as mínimas nacionais, mentres que a nivel de equipo será estar o máis arriba posible en todas elas. No caso dos sénior que participan

na copa galega, de recente creación, serán competir e valorar o estado de forma de cara aos obxectivos a curto prazo.

Algúns nomes a seguir por parte do Club Natación Pavillón serán Eva Feijóo, Luz Fernández, Raúl Civeira, Aldara Estévez ou Eva Carril que parten a priori como candidatos a estar nas medallas.