A relación do goberno local ourensán con algúns sindicatos segue tensándose

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

MIGUEL VILLAR

A asemblea dos bombeiros decidiu seguir adiante coas súas mobilizacións

16 feb 2019 . Actualizado ás 10:44 h.

Durante as últimas semanas, o goberno municipal do PP no Concello de Ourense tivo que soportar protestas dos traballadores do servizo de bombeiros, da Policía Local ou da limpeza de centros educativos. A relación do executivo local con algúns sindicatos segue tensándose e a primeira reunión convocada para resolver as alegacións presentadas ao novo proxecto de RPT (Relación de Postos de Traballo) pechouse este venres sen acordo entre as partes.

«O goberno rir de nós», denunciou Comisións Obreiras antes mesmo de que comezase a reunión da mesa xeral de negociación. Segundo din, a proposta do goberno local é un «engano» para a maioría dos traballadores e denuncian que si se modificou a ficha do presidente da xunta de persoal, do CSIF, para subir o seu salario en 6.000 euros. A mesa volverá reunirse o vindeiro xoves.

Protestas dos bombeiros

Por outra banda, os traballadores do parque de bombeiros celebraron unha asemblea na que acordaron, coa única oposición do sindicato SAP, continuar coas concentracións de protesta na praza Maior e manter o seu rexeitamento á contratación de interinos así como seguir reclamando melloras nas súas condicións.