Desbloqueado o proxecto deportivo da Universidade

La Voz

OURENSE CIDADE

Santi M. Amil

En 1999 chegábase a un acordo co Concello de Ourense para a cesión de terreos

14 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O considerable atraso que están sufrindo as infraestruturas deportivas do Campus de Ourense vai camiño de ser historia. O complexo armazón administrativo que se dá na zona é o verdadeiro culpable do problema e o conflito está máis preto de solucionarse agora que a Universidade de Vigo desbloqueou as trabas administrativas que impedían materializar o futuro complexo deportivo do campus. Tres son os proxectos afectados: as pistas polideportivas, os aloxamentos para a comunidade universitaria e un auditorio. A Universidade de Vigo estaba interesada en construír un pavillón deportivo na zona adxacente ás pistas de atletismo, superficie que en parte era propiedade do Concello de Ourense. Finalmente o conflito das instalacións hase desbloqueado ao presentar o reitorado ante notario o acordo de cesión dos terreos por parte do Concello de Ourense. Domingo Docampo avanzou que agora serán cedidos á Xunta.