Un coche precipítase polas escaleiras das Mercedes

María Doallo Freire
María Doallo OURENSE

OURENSE CIDADE

María Doallo

Un defecto no freo de man é o causante do accidente

12 feb 2019 . Actualizado ás 19:03 h.

Cara ás dez e media da mañá, os veciños das Mercedes, na capital, quedaban paralizados ao ver un coche rodando polas escaleiras que conectan a rúa Arturo Pérez Serantes co centro da praza. O vehículo, un Audi A3 vermellos, que estaba aparcado precipitouse polas escaleiras debido a un fallo no sistema de freado manual, tal e como explican membros da Policía Local. 

A condutora estaba fóra de o automóbil nese momento e atópase en perfecto estado, aínda que o coche non correu a mesma sorte. Un guindastre pluma encargarase de sacar o coche das escaleiras.