Dúas produtoras ourensás participan no mercado audiovisual de Berlín

La Voz

OURENSE CIDADE

MIGUEL VILLAR

Noveolas e Boneca Lareta viaxaron a Alemaña dentro da oferta audiovisual galega que promove a Xunta

12 feb 2019 . Actualizado ás 14:30 h.

A Xunta de Galicia, a través de Agadic, participa ao longo do ano en varios mercados audiovisuais vencellados a festivais de cine internacionais. Hai uns días o expositor do «Cinema from Spain - Films From Galicia» da Consellería de Cultura estivo en Francia e na actualidade a representación galega participa no European Film Market da Berlinale, o festival de cine de Berlín. Entre as produtoras galegas que amosan os seus traballos na cidade alemá figuran dúas ourensás: Noveolas Producciones, de Simone Saibene, e Boneca Lareta, de Aitor Rei. Traballos xa coñecidos, como «9 ondas» ou «Pelerinaxes», e novos proxectos, como «10/7», dirixido por Xoel Méndez, son as obras que Noveolas presenta no mercado de Berlín. Aitor Rei, Boneca Lareta, leva as súas producións anteriores e centra de maneira especial a súa oferta no mercado europeo en «Frankenstein-04 155», o seu traballo sobre o accidente de Angrois.