Monseñor Temiño preside o centenario das relixiosas calasancias

La Voz

OURENSE CIDADE

BIBLIOTECA DA DEPUTACION DE OURENSE

En 1984 conmemorábase a data cunha misa na catedral e un festival no pavillón

23 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Xornada dominical de celebración na cidade. A catedral de Ourense acolleu onte unha misa concelebrada presidida polo bispo, monseñor Temiño, e no Pavillón Municipal de Deportes tivo lugar un festival. Ambos os actos marcaron o inicio do programa de celebración do centenario da fundación da congregación das «Fillas da Divina Pastora», ou Calasancias, polo ourensán Faustino Míguez o 2 de xaneiro de 1855.

O intelectual Xosé Filgueira Valverde, membro da Real Academia Galega e exconselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, pronunciou o pregón do centenario. A intervención tivo lugar no acto vespertino desenvolvido no Pavillón Municipal de Deportes.

Distinción para «Xocas»

O académico da Galega e presidente do Museo do Pobo Galego, Xaquín Lorenzo «Xocas», foi elixido socio honorario da Sociedade Portuguesa de Antropoloxía e Etnoloxía. É membro ordinario desde 1935.