Rouban a batería dun semáforo que regula unhas obras na N-120

Ourense LA VOZ

OURENSE CIDADE

A falta de control no paso de vehículos puido ocasionar unha desgraza

23 ene 2019 . Actualizado ás 18:25 h.

Non houbo ningunha desgraza, pero puido suceder despois de que uns descoñecidos roubasen a batería duns dos semáforos que regulan o paso nunhas obras que se están levando a cabo na N-120 ao seu paso polo termo municipal de Ourense.  Foi o 112 o que deu aviso do incidente que ocorreu a pasada madrugada. Ademais do roubo da batería, os descoñecidos tamén ocasionaron danos diversos no semáforo, polo que foi necesario que persoal de mantemento das obras permanecesen no lugar para  regular o tráfico.