Lalín aprobou a Conta Xeral de 2017 coa abstención do PP e o voto en contra de Cruz

La Voz

OURENSE CIDADE

miguel souto

22 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O pleno de Lalín aprobou onte a Conta Xeral de 2017 co voto a favor do goberno local, a abstención do PP e o voto en contra do concelleiro non adscrito, Juan José Cruz. A sesión prolongouse por espazo duns 40 minutos. O portavoz do PP, José Crespo, xustificou a abstención do seu grupo alegando que «non queremos que o goberno teña a desculpa de que se non funciona mellor é por culpa da oposición». Crespo criticou a falta de elaboración dun orzamento por parte do goberno local, que do algo máis dun millón de euros que estaba orzado no orzamento desa ano para o Dusi só gastasen en 2017, 6.954 euros, pasando un millón de euros a remanentes; o crecemento das adxudicacións directas que supuxeron o 35 % e en servizos, dixo, 1.029.000 euros, foron outorgados desa forma. Crespo denunciou subvencións que «xa non se pediron ou perdéronse» e obras para tres parques, un deles o canino, que «son do Plan Concellos do 2016 e estanse executando agora». O alcalde, Rafael Cuíña, lembrou que en Ourense, gobernada polo PP, están a traballar co orzamento de 2014.