Olímpicos matemáticos

La Voz

OURENSE CIDADE

Cedida

O vencedor da fase galega foi o compostelán Roi Vence Nogueira

19 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Máis dun centenar de estudantes de Bacharelato participaron onte na fase autonómica da Olimpíada Matemática Española, que se celebrou na Facultade de Matemáticas, onde tiveron que resolver tres problemas pola mañá e outros tantos pola tarde. O gañador foi Roi Vence Nogueira (IES Eduardo Pondal, Santiago). Seguíronlle Júlia Misaki Anguea (Culleredo) e Pablo Manuel Piñeiro (Boiro). Os tres representarán a Galicia na final a nivel de España, que será en Ourense.