Comeza a décimo primeira semana da Teoloxía en Ourense

La Voz

OURENSE CIDADE

Juan María González-Anleo pronunciará a conferencia: «Unha Igrexa que celebra e educa na fe»

12 ene 2019 . Actualizado ás 19:24 h.

O mércores comeza a décimo primeira semana da Teoloxía en Ourense que organiza o Obispado. Baixo o lema «Unha Igrexa que celebra e educa na fe», o encargado de inaugurar a programación será Juan María González-Anleo -doutor en Ciencias Políticas e Sociología pola UPSA e experto en Mocidade e sociedade pola UNED- cun relatorio de acceso gratuíto ás 20.00 horas no Liceo.