O Támega fai de nexo de unión de Ourense e Portugal

La Voz

OURENSE CIDADE

Álvaro Vaqueiro

En 1993 creábase a asociación de municipios vinculados á canle do río

11 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Trece concellos de Ourense e Portugal agrupáronse para crear un colectivo que velará por mellorar a canle do río Támega e aproveitar as potencialidades que o mesmo ofrece para os municipios polos que discorre. O pasado 26 de novembro asinouse o acordo que implica a oito cámaras municipais lusas -Amarante, Cabeceira, Celorico de Basto, Marco, Mundin de Bastos, Peñafiel, Ribeira de Pena e Chaves- e a cinco concellos galegos -Castrelo do Val, Laza, Monterrei, Verín e Oímbra- e que pretende , entre outras cousas, preservar o medio ambiente e fomentar os lazos culturais e económicos que xa teñen, co río Támega como nexo de unión.

Sede en Amarante

A sede da Asociación de Municipios Ribeireños do Támega (AMRT) terá a súa sede en Amarante e como obxectivo prioritario e urxente está o de conseguir o saneamento integral do río. O Támega nace en Laza e desemboca no Douro.