O Festival de Cine estreará dúas series de ficción gravadas en Ourense

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIDADE

Santi M. Amil

A entrada para as estreas será gratuíta e acudirá gran parte do elenco destas dúas producións gravadas en Ourense.

18 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF) acollerá a estrea de dúas novas series de ficción feitas en Ourense. Trátase de Lobos e cordeiros e Os Mariachi. A primeira produción é unha serie de época ambientada a finais do século XIX en Ourense, nun tempo de conflitos bélicos que condicionaban o día a día do país. Conta unha historia de intriga e amores imposibles de tres familias. Os Mariachi, pola súa banda, está ambientada na actualidade e na comarca do Ribeiro. Retrata en clave de humor a rivalidade entre dúas familias. O primeiro capítulo de Lobos e cordeiros poderase ver o 29 de novembro e Os Mariachi, o 3 de decembro. Ambos ás 22.30 horas no Teatro Principal. A entrada para as estreas será gratuíta e acudirá gran parte do elenco destas dúas producións gravadas en Ourense.