Mikel Aristegui estrea a súa obra «In Between»

La Voz

OURENSE CIDADE

O espectáculo de danza ofrécese no Auditorio de Ourense

15 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Hoxe • 20.30 horas • Auditorio de Ourense • 5 e 6 euros • A compaña de Mikel Aristegui estrea o seu novo espectáculo de danza: «In Between». Trátase da primeira montaxe de Aristegui producido en Galicia. O bailarín, coreógrafo, docente e produtor orixinario de San Sebastián, residente en Allariz, comparte escenario con Nuria Sotelo e Rosabel Huguet.