Ourense en Común denuncia o abandono do viveiro municipal

La Voz OURENSE

OURENSE CIDADE

CEDIDA

A marea asegura que só está en uso o 5 % das instalacións

22 sep 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Tras visitar as instalacións, o grupo municipal de Ourense en Común difundiu onte un comunicado no que denuncia o estado de abandono do viveiro e a planta de compostaxe municipais que se atopan en Santa Mariña. Eses servizos están «infrautilizados e infradotados», aseguran desde a marea ourensá. Segundo afirman, no que respecta ao viveiro, só está a ser utilizada un 5 % da superficie dispoñible.