Aberto o prazo de inscrición para o entroido de verán

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIDADE

miguel villar

O Concello de Ourense repartirá 1.975 euros en premios

19 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

As persoas que desexen participar no concurso da próxima edición do Entroido de Verán do Concello de Ourense teñen ata o 11 de setembro para inscribirse. A cita lúdica, que se celebrará o día 15 dese mesmo mes nas rúas do centro histórico da capital ourensá, repartirá 1.975 euros entre 15 premios. O mellor na categoría individual levará 200 euros, o segundo 150 e o terceiro recibirá cen. Tamén haberá cinco accésit de 50 euros nesa modalidade.

As cifras repítense para os tres primeiros na categoría de mellor disfrace en parella e os que vaian en grupo optarán a 350 euros, 250 e 150, respectivamente.