Ourense en Común critica por «obsoleta» a ordenanza de venda ambulante

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIDADE

Alex Carausan

Reclama ao grupo de goberno que actualice a norma para que os novos eventos poidan ter continuidade

22 jul 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Ourense en Común considera que existe na capital ourensá unha «urxente necesidade» de actualidade a ordenanza municipal de venda ambulante. Explican desde este grupo que se trata dunha cuestión «á que o goberno se comprometeu hai meses e aínda non cumpriu» e lembran que hai xa algúns meses, concretamente en febreiro, aprobouse unha moción presentada por esta formación para actualizar a normativa. Advirte Miguel Doval que aquela moción saíu adiante «mesmo cos votos a favor do propio Partido Popular, sen que nos conste que Flora Moure, edil responsable de Comercio, fixera nada deste entón».

Explican que a normativa actual de venda ambulante limítase a recoñecer como mercados periódicos as feiras do 7, 17 e 26, así como o mercado de antigüidades e a venda de polbo, o que «impide e frustra» que poidan xurdir novas iniciativas. Reclaman que a Feira do 21, que se celebrou onte, poida manterse.