O arquitecto técnico Antonio Gómez recibe un premio pola súa innovación

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIDADE

cedido

Esta tarde o Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación celebrará un acto para homenaxealo

26 jun 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Colexio Oficial de Aparelladores, Arquitectos Técnicos e Enxeñeiros de Edificación de Ourense celebrará hoxe un acto en homenaxe a Antonio Gómez Couto que acaba de ser galardoado cun premio pola innovación do seu traballo.

O premio, outorgado polo Consello Xeral da Arquitectura Técnica en colaboración coa Fundación Once, está dirixido a profesionais que teñan contribuído á adecuación ou innovación da accesibilidade na edificación mediante o desenvolvemento de accións novas.

O profesional Antonio Gómez Couto -natural de Ourense e arquitecto técnico pola Universidade da Coruña- desenvolveu unha solución de rotura de barreiras e instalación de ascensor en edificios existentes que destacou por ser extrapolable a outros edificios similares expondo unha enxeñosa solución para instalar un ascensor e adecualo a condicións básicas de accesibilidade en situacións de extrema dificultade.

Durante o acto presentará o proxecto premiado.