A historia do capitalismo español en clave de teatro

La Voz

OURENSE CIDADE

cedida

Producións do Barrio estará mañá no Pricipal con «Masacre».

19 ene 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Mañá • 20.30 horas • Teatro Principal • De 12 a 20 euros • Producións do Barrio estará mañá en Ourense cunha montaxe que ten a Alberto San Xoán con referencia inescusable. «Masacre. Unha historia do capitalismo español» é un texto da súa autoría e o propio actor asume a dirección, ademais de compartir o escenario con Marta Calvó. «Masacre» parte dunha serie de preguntas para desenvolver a acción que se pode ver sobre o escenario: as interrogantes acerca de quen goberna España ou en que medida o poder político subordínase ao económico -e quen o ostenta- son o punto de partida para un relato que incide en «un trocito de vida» dunha parella de clase media e que mostra, intercaladas, unha serie de escenas da historia do capitalismo español do século XX.