Rubén Diz e Ana María Ocampo saen airosos do Guillelme Brown

La Voz OURENSE / LA VOZ

OURENSE CIDADE

MIGUEL VILLAR

O colexio de Pereiro de Aguiar segue consolidando a súa tradicional carreira de campo a través

03 dic 2017 . Actualizado ás 05:00 h.

O clásico de campo a través do Guillelme Brown volveu dar onte un espectáculo en todas as súas categorías, nun pelotón encabezado na súa categoría absoluta por Rubén Diz (Ourense Atletismo), que segue dando mostras do seu excelente estado de forma. Onte, no colexio de Pereiro de Aguiar percorreu os 4,2 quilómetros en 12.11 minutos, avantaxando a Ziad Nagihi (Limiactiva) en nove segundos e en dezasete a Julio Nóvoa (Arenteiro). Na categoría feminina gañou Ana María Ocampo (Burgas), cun tempo de 14.04, por diante da súa compañeira de equipo Vicky Losada, que cedeu vinte e tres segundos e de Aida Martínez (ADAS), relegada en 32.

Ana Isabel Soutullo e Fernando Troncoso dominaron a tradicional proba para pais, nais e profesores, mentres nas categorías inferiores impúñanse: Antía Castro (Ourense) e María Nóvoa (Ourense) na proba sub 16/18, así como Said Abdoun Bechiki (Limiactiva) e Fabio Xusto (Ourense). En sub 14 gañaban Marcela Morgado (Trega) e Héctor Rodríguez (Aurum), en sub 12 Naroa Pereira (Ben Cho Shey) e Álex Sierpes (Trega), en tanto que en sub 10 Carmen Cabot (Tríatlon Pavillón) e Miguel Santana (Limia).